Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35876

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 8 de novembro de 2022 (DOG do 22 de novembro), convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por renuncia dun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Ana María Domínguez Gigirey, funcionaria de carreira da escala de xestión, secretaria titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, como secretario titular, en substitución de Ana María Domínguez Gigirey.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela