Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/373-1).

Expediente: IN407A 2022/373-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS enlace subestación Formarís, no polígono industrial Costa Vella.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 8 de novembro de 2022, a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de adaptar a rede de distribución de media tensión no polígono industrial Costa Vella, concello de Santiago de Compostela, por mor da posta en funcionamento da subestación Formarís. Proxéctase a instalación de dous novos treitos de liña de media tensión soterrada e a ampliación do centro de seccionamento/reflexión de UFD rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228) instalado na rúa Castela e León do dito polígono.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: LMTS enlace subestación Formarís, asinado o 8 de xullo de 2022 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial con número colexial 1.534 de Galicia.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e ao Concello de Santiago de Compostela. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, Estradas. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o Concello, á solicitude do condicionado solicitado.

4. O 11 de abril de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

1º. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2º. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3º. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4º. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5º. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6º. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– LMTS (actuación 1) a 20 kV de 433 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe en empalmes para realizar na arqueta existente diante do CS oficina Grupo San José (15PXF5) sobre a LMTS SCY820 cero-polígono Costa Vella (expediente IN407A 03/284), procedente da subestación San Caetano e remate no CR rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228) que se amplia.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV de 395 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe en en empalmes para realizar na arqueta existente diante do CS oficina Grupo San José (15PXF5) sobre a LMTS SCY829 urbanización Cervantes (expediente IN407A 2016/2231-1), procedente do CS Decathlon (15CBBR) e remate en empalmes para realizar na arqueta existente diante do CT Costa Vella 15 (15CTJ5) sobre a LMTS SCY820 Cero-polígono Costa Vella (expediente IN407A 03/284) procedente do CT polígono Boisaca 1 (15CTXW6). Como consecuencia das actuacións previstas procederase á desconexión e desmonte do treito da liña SCY820 que na actualidade entra no CT Costa Vella 15 (15CTJ5).

– Cómpre realizar novas canalizacións en paralelo coas existentes das LMTS SCY820 e SCY829 en diferentes treitos.

– Ampliación do CS/CR rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228) (rúa Castela e León 2, polígono industrial Costa Vella) en envolvente prefabricada, instalando os seguintes elementos:

• 6 celas modulares de liña telecontroladas. Nestas celas conectaranse as LMT SCY829, SCY820 (E/S), FOI805, FOI806 e FOI807 (a derradeira é obxecto doutro proxecto). O treito de liña da SCY829, que no día de hoxe enlaza a posición da subestación de Formarís co CR rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228), converterase na saída FOI805. O treito de liña da SCY829, que actualmente conecta a posición da subestación de Formarís co CT rúa Eslovenia (15CJPT) e que continuaba cara ao CT Costa Vella 2 (15CTH2), converterase na saída FOI806, rematando agora no CR rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228).

É obxecto doutro proxecto unha nova liña nomeada FOI807 que enlazará a subestación de Formarís co CR rúa Eslovenia (15CJQL, expediente IN407A 2011/228).

• 1 cela modular de acoplamento de barras.

• Retirada das 3 celas de liña existentes.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña