Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de maio de 2023 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Sanxenxo (expediente SCOVID/SANXENXO/0013 e tres máis).

O Concello de Sanxenxo ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/SANXENXO/0013 e tres máis, por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Sanxenxo, situadas na rúa de Madrid, 1, Sanxenxo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírtese ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións non poñen fin á vía administrativa e contra elas cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Sanxenxo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Jorge Outeiriño Santos
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da

persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/SANXENXO/0013

53404549K

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obrigación segundo as condicións previstas na citada normativa

Artigo 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública

Artigo 58.1.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública

100 euros

SCOVID/SANXENXO/0048

77543195Y

SCOVID/SANXENXO/0060

77547981P

SCOVID/SANXENXO/0064

77479798C