Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefina García Segundes.

Josefina García Segundes, con DNI 32283951R, nada na Coruña o 8 de decembro de 1939, faleceu o 30 xullo de 2013 en Santiago de Compostela, con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na praza de Martín Herrera, datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 8 de maio de 2023, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, e de acordo co artigo 20.bis da Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas,

RESOLVO:

1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefina García Segundes.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón:

ttp://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

3º. Remitir copia da presente resolución aos concellos da Coruña e de Santiago de Compostela, así como a calquera outro en que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios por prazo non inferior a un mes.

O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código expediente ABI/2017/0072, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela.

Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra a presente resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite que se presenten durante o procedemento sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública