Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental, o plan de restauración e o estudo de impacto e integración paisaxística da 7ª ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143, situada no concello de Vilar de Santos, na provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas, de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e no artigo 23 da Lei 8/2003, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) que se describe a seguir:

• Solicitante: Arenera Norteña, S.L., co NIF: B42739441.

• Denominación do proxecto: 7ª ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143.

• Recurso: area.

• Concello afectado: Vilar de Santos (Ourense).

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

As coordenadas que definen o perímetro da explotación son as seguintes:

Vértice

X

Y

1

599.933,00

4.658.454,00

2

600.075,00

4.658.509,00

3

600.201,00

4.658.146,00

4

600.017,00

4.658.106,00

O obxecto da información pública será a autorización da 7ª ampliación da explotación da sección A), o estudo de impacto ambiental, o plan de restauración e o estudo de impacto e integración paisaxística da explotación mineira.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración (asinado o 30.7.2022).

2. O estudo de impacto e integración paisaxística (asinado o 30.7.2022).

3. O resumo non técnico (asinado o 30.7.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida ampliación de explotación está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, no concello afectado, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/ explotacions-mineiras

Ourense, 28 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense