Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33302

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre e promoción interna polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo de acceso libre e promoción interna polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas da Universidade de Vigo para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo, resolve aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso, ordenando a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de maio de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo