Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/069-1).

Expediente: IN407A 2023/069-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Gosolfre.

Concello: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, da liña TA2-809 rexistrada no expediente IN407A 2016/2132-1, de 296,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 90-2 (matrícula 9KD6L535) de formigón tipo AM-AG-HV-400/15-CR e núm. 90-4 (matrícula 9KJL4EAV) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-B1(xugos), consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15046A111001930000BT sita no lugar de Lameiros, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 90-2, do apoio núm. 90-3 (matrícula 9KG0DRQ1) de formigón tipo AM-AL-HV-250/13-CR, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/16-H35-CA en que se proxecta a instalación de elementos de protección e manobra tipo XS.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos vanos da liña TA2-809 anterior e posterior ao novo apoio metálico proxectado, de 127,7 e 168,7 metros de lonxitude, respectivamente.

Instalación de LMT aérea a 20 kV, de 269 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre tres (3) apoios, coa orixe no novo apoio núm. 90-3 proxectado e remate no apoio metálico de celosía tipo FL-C-3000/14-H35-CA en que se proxecta a instalación dun novo CT tipo intemperie de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas e cadro de baixa tensión (CBT) con tres (3) saídas (dúas de reserva), seccionador motorizado e alarmas de temperatura e sonda.

Instalación dun (1) circuíto aéreo de baixa tensión, de 99 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate en apoio de formigón tipo HV-630/11 que se proxecta instalar no lugar do actual apoio de formigón tipo HV-250/9. Neste novo apoio realizarase o acoplamento coa rede de baixa tensión existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 5 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Gosolfre

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Mazaricos

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Blanco Beiro

María Josefa Caamaño Blanco

Polígono 111, parcela 193

Lameiros

Novo apoio núm. 90-3 (apoio núm. 1 proxectado)

2

9,7

106,3

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

2

María Blanco Beiro

María Josefa Caamaño Blanco

Polígono 111, parcela 194

Lameiros

21,5

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

3

Herdeiros de José Lago Ramos

Polígono 111, parcela 196

Lameiros

23,9

230,4

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

4

Herdeiros de José Lago Ramos

Polígono 111, parcela 195

Lameiros

90

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

9

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 201

Pontenova

99,2

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

10

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 202

Pontenova

137,7

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

11

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 204

Pontenova

94,8

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

12

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 203

Pontenova

19

166

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

13

Pedro París Noya

Polígono 111, parcela 205

Pontenova

100

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

14

Pedro París Noya

Polígono 111, parcela 206

Pontenova

11,7

108

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

15

Francisco Pedro Alvite Cacheiro

Polígono 111, parcela 207

Pontenova

19

214

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

16

María Moledo Maneiro

Polígono 111, parcela 209

Pontenova

6,2

Rústico. Agrario.

Eucaliptus

17

Francisco Pedro Alvite Cacheiro

Polígono 111, parcela 208

Pontenova

Apoio núm. 2 proxectado

2

26,6

414

Rústico. Agrario.

Eucaliptus

18

Julián Blanco Lago

Polígono 110, parcela 327

Zanquiñeiras

48,7

Rústico. Agrario.

Eucaliptus

19

Julián Blanco Lago

Polígono 110, parcela 328

Zanquiñeiras

Apoio núm. 3 proxectado (apoio do CT)

2

51,2

838

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

20

Herdeiros de Manuel José Suárez Lema

Polígono 508, parcela 378

Carballos

157

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

21

Herdeiros de Jaime Regueira Sendón

Polígono 508, parcela 379

Carballos

60

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías