Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle de agregación das parcelas 01 e 02 do rueiro 1513 (antigo Hospital de San Miguel) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 24 de novembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de agregación das parcelas 01 e 02 do rueiro 1513 (antigo Hospital de San Miguel) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado polo IGVS e redactado polo arquitecto José Ignacio López de Rego Uriarte.

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, a que fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados e indicarlles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que xulguen conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://treboada.lugo.gal/index.php/s/naDmfDBwMdQXPqy

Lugo, 9 de maio de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa da Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos,
en substitución do tenente de alcaldesa delegado da Área de Sostibilidade Urbana