Expediente 2022002073.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 249, do 30 de decembro de 2022, publicouse o anuncio de aprobación das bases e a convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de emprego público correspondentes ás seguintes prazas estruturais do Concello de Nigrán incluídas nos supostos previstos no artigo 2.1 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e na oferta de emprego público do ano 2022:
– Segundo o artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro (funcionarios):
• 1 subalterno/a.
• 1 auxiliar administrativo/a.
– Segundo as disposicións adicionais sexta e oitava da LMURTEP (funcionarios):
• 1 técnico/a de Administración xeral.
• 1 auxiliar administrativo/a.
• 1 subalterno/a.
– Segundo as disposicións adicionais sexta e oitava da LMURTEP (laborais):
• 1 avogado/a.
• 1 psicólogo/a.
• 1 técnico/a de orientación laboral.
• 3 monitores/as culturais.
• 3 monitores/as deportivos.
• 1 oficial administrativo/a.
• 1 conserxe.
• 1 auxiliar de turismo.
As bases destas convocatorias están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello: http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=10358027
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Nigrán, 7 de marzo de 2023
Juan A. González Pérez
Alcalde