Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 137/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 137/2023, interposto por Manuel Valebona Refojos e sete persoas máis contra a Resolución reitoral do 30 de setembro de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos, publicada no DOG do 13 de outubro, e contra a Resolución reitoral do 17 de febreiro de 2023 desestimatoria do recurso de reposición contra a referida convocatoria de concurso de méritos.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de maio de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo