Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 18 de maio de 2023, que autoriza o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 9000, recintos 2, 3 e 5 do polígono 502, do termo municipal de Vedra (CFA 047/2022).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 18 de maio de 2023, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 9000, recintos 2, 3 e 5, do polígono 502, do termo municipal de Vedra. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido o 26 de abril de 2023, e publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio.

A resolución pódese consultar na ligazón seguinte:

http://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

A Coruña, 18 de maio de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefa territorial da Coruña