Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do consorcio de Cerdeira, número de elenco LU-2242, do concello da Fonsagrada (expediente 64/2018).

O 10 de xullo de 1978 aprobouse o consorcio do monte Cerdeira, LU-2242, subscrito entre o Instituto Nacional para a Conservación da Natureza e os veciños de Cerdeira, en virtude dun poder notarial outorgado en Castroverde o 15 de outubro de 1977. A superficie consorciada foi de 75,28 ha.

O 18 de outubro de 2005, o conselleiro do Medio Rural aprobou a rescisión parcial de 3 ha por petición de Francisco López Turia, e o consorcio pasou a ter unha superficie de 72,28 ha.

O 26 de xullo de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Manuel Álvarez Rodríguez no cal solicita a extinción do consorcio de Cerdeira, número de elenco LU-2242, nas parcelas coa referencia catastral 27018A002000180000QR e 27018A00500110000QD.

O 14 de setembro de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Gema Álvarez Murias no cal solicita a extinción do consorcio de Cerdeira, número de elenco LU-2242.

O 6 de setembro de 2022, a técnica do Distrito VII A Fonsagrada-Os Ancares emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste consorcio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 30 de marzo de 2023, o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o consorcio de Cerdeira, con número de elenco LU-2242, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, momento en que se deberá asinar un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción total do consorcio de Cerdeira, LU-2242.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do consorcio de Cerdeira, número de elenco LU-2242, situado no concello da Fonsagrada (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 5 de maio de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo