De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado pola persoa instrutora.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.
Ourense, 18 de maio de 2023
O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 12.7.2022)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo
Anexo
Expediente: SAN-OU-161-2022-BA.
Persoa interesada: 10081185D.
Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.