Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/253-1).

Expediente: IN407A 2022/253-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LAMT SMR-729 residencia 29/SMR-730 Refertas 30, entre os apoios AOHCEIRO//D19 e AOHD5XLM//D17.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña de dobre circuíto SMR-729/SMR-730, rexistrado no expediente IN407A 2016/2121-1, de 254,9 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-180, comprendido entre os seus apoios nº D17 (matrícula AOHD5XLM), metálico de celosía tipo A-FL-Cr., dobre circuíto-10xCA-PA/S, e nº D19 (matrícula AOHCEIRO), metálico de celosía tipo A-AG-Cr., dobre circuíto-12×CA, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-180, no treito da liña SMR-729/SMR-730, de 193,8 metros de lonxitude, comprendido entre o actual apoio nº D18 (matrícula AOGQX1AG), metálico de celosía Cr., dobre circuíto-12×CA, e nº D19.

– Substitución do apoio nº D18, respectando a súa actual situación na parcela con referencia catastral 3174427NJ6136N0001LY, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AG-C-7000/20 Cr. E-30-12×CA.

– Instalación do novo condutor tipo LA-180, no treito da LMT SMR-729/SMR-730, de 193,8 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº D18 proxectado e o apoio nº D19 existente.

– Regulación do condutor tipo LA-180 (condutor existente) no van de 61,1 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº D17 existente e o novo apoio nº D18 proxectado.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación LAMT SMR-729 residencia 29/SMR-730 Refertas 30, entre os apoios AOHCEIRO//D19 e AOHD5XLM//D17.

Concello: Ferrol.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Carlos Fernández Santalla

3174427NJ6136N0001LY

CR Catabois

Novo apoio nº D18

2

Urbano