Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2022/270-1).

Expediente: IN407A 2022/270-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT POT8-10 San Crimenzo-Olveira 10, entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.

Concello: Dumbría.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POT-810 rexistrado no expediente IN407A 2009/291-1, de 239 metros de lonxitude, en condutores tipo LA-56 e Cu-3, comprendido entre o seu apoio nº D53 (matrícula 9CP31FTV), metálico de celosía tipo AE-C-7000/16-Cr., dobre circuíto-Cr., derivada-XS (15HWK7), e o nº D53-6 (matrícula 9CKLU1H6), de formigón tipo A-AL-HV-1000/15-CR-6×CA(CS), consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo Cu-3, no treito da liña POT-810, de 218,9 metros de lonxitude, comprendido entre os actuais apoios nº D53-1 (matrícula 9COLB5R4), de formigón tipo AE-HV-CR-6×CA(CS), e nº D53-6.

– Desmontaxe e retirada dos apoios nº D53-2 (matrícula 9CO2L3HP), de madeira con cruceta triángulo, e nº D53-4 (matrícula 9CMC8JHD), de madeira con cruceta en triángulo.

– Substitución do apoio nº D53-3 (matrícula 9CN6NDFQ), de madeira con cruceta en triángulo, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-1000/14-H35-6×CA(CS), que se desprazará cara ao apoio D-53-1 existente e se manterá na parcela con referencia catastral 15034A50500487.

– Substitución do apoio nº D53-5 (matrícula 9CLGATFF), de madeira con cruceta en triángulo, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/12-H35-6×CA(CS), que se desprazará cara ao novo apoio nº D53-3 proxectado e se situará sobre as parcelas con referencia catastral 15034A50500169 e 15034A50500485.

– Instalación de novo condutor tipo LA-56, no treito da LMT POT-810, de 218,9 metros de lonxitude, comprendido entre os apoios nº D53-1 e nº D53-6 existentes.

– Regulación do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van de 21,1 metros de lonxitude, comprendido entre os apoios nº D53 e nº D53-1 existentes.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación LAMT POT8-10 San Crimenzo-Olveira 10, entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.

Concello: Dumbría.

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Antonio Díaz Trillo

Polígono 505, parcela 487

Grisa Moura

Novo apoio nº D53-3

2

Matogueira

2

Antonio Trillo Lema

Polígono 505, parcela 485

Grisa Moura

Novo apoio nº D53-5 (½)

1

Prado, matogueira

3

Antonio Trillo Lema

Polígono 505, parcela 169

Grisa Moura

Novo apoio nº D53-5 (½)

1

Prado, matogueira