Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/290-1).

Expediente: IN407A 2022/290-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT PMR-814 Corrubedo 14 entre os apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.

Concello: Ribeira.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña PMR-814 rexistrado no expediente 25.132, de 361 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios núm. 44-27 (matrícula 9E5JIMUG) de formigón tipo A-AL-HV-400/13-CR-6×CA(CS)-(2×PA/S) e núm. 44-30 (matrícula 9DVTLOKK) metálico de celosía tipo A-AG-CR-6×CA, consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual lugar na parcela con referencia catastral 15074A05100487, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 44-27, do apoio núm. 44-28 (matrícula 9E35XE6W) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-B-3xCS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-1000/14-H35-6×CA(CS).

– Substitución, respectando o seu actual lugar na parcela con referencia catastral 15074A05101007, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 44-28, do apoio núm. 44-29 (matrícula 9E15U4FC) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-B-3×CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-2000/16-H35-6×CA(CS).

– Regulación do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito da liña PMR-814, de 361 metros de lonxitude, comprendido entre os apoios núm. 44-27 e núm. 44-30 existentes, unha vez rematadas as anteriores operacións.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación LAMT PMR-814 Corrubedo 14 entre os apoios 9E5JIMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.

Concello: Ribeira.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Inmobiliaria Promesa, S.L.

15074A05100487

Polígono 51, parcela 487

Barreiros

Novo apoio núm. 44-28

2

Agrario