Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas:

– Centro de transformación á intemperie (CTI), cunha potencia de 100 kV e relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, derivada da LMTA BCR804, con orixe no seu apoio núm. 47-13 e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 135 m en condutor LA-56 e dous apoios de celosía metálica de tipo C-14/2000 e C-14/3000. No primeiro destes apoios instalarase un seccionador tipo XS e no segundo, o CTI.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as 9.00 da mañá e as 14.00 horas da tarde, e no seguinte enlace web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes4

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 2 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

anexo

Relacións de bens de dereitos afectados

Denominación: LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes).

Concello: Cervantes (Lugo).

Expediente: IN407 2023-14-2.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo (sup. m²)

1

María García Ríos

11

120

Tallos de Curraes

Monte alto

47-13-1

1

2

22

290

2

Descoñecido

11

121

Tallos de Curraes

Monte alto

8

173

3

Matías García Belón

11

122

Tallos de Curraes

Monte alto

6

4

María García Ríos

11

138

Tallos de Penedo

Monte alto

9

140

5

Descoñecido

11

139

Tallos de Penedo

Monte alto

10

168

6

Antonio Rosón Varela

11

86

Cortiña de Tallado

Prado

47-13-CT

1

14

87

1.256