Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de maio de 2023 polo que se notifica a aprobación da liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria do expediente 107B/2009/123-0.

A xefa do Servizo de Administración e Xestión da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 3 de abril de 2023, ditou resolución pola que se aproba a liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria das obras de demolición dunha construción con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar de Carpazal, Laiantes de Arriba, no concello de Maside, provincia de Ourense, e se lle require á persoa con documento nacional de identidade X1237792R, para que efectúe o aboamento destes.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á dita persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada, que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A presente resolución ten a consideración de mero acto de trámite, non susceptible de recurso nos termos do artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao quedar suxeita a presente liquidación a unha ulterior e definitiva, sen prexuízo de que, de consideralo oportuno polos interesados, se alegue oposición a esta, que será tida en consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística