Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de maio de 2023 polo que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/306/2018-RP2.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 29 de novembro de 2022, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes en instalación de paneis solares fotovoltaicos na cuberta da casa, construción dunha soleira de formigón a modo de terraza e instalación dunha estrutura metálica lixeira na rúa de San Paio, 146, parroquia de Navia, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra (referencia catastral 9533355NG1793S0001KR).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ao interesado con documento nacional de identidade número 09009360F, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación o citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística