Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de maio de 2023 polo que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/132/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 11 de xaneiro de 2023, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na construción dunha edificación composta por dous contedores tipo caseta de obra situada sobre terraza de formigón e cuberto cunha grella no lugar de Campos do Carreiro, O Freixo, parroquia de Valadares, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra (referencia catastral 54057A145000800000BP).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada con documento nacional de identidade número 53193690A, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística