Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30443

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no primeiro cuadrimestre do ano 2023 e que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no primeiro cuadrimestre do ano 2023

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega

económica (€)

Convenio entre o Fondo Español de Garantía Agraria, O.A. (FEGA), o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) sobre o sistema informático Sistema de información contable do organismo pagador” (SICOP).

A Amtega e o Fogga poñen ao dispor do FEGA o código fonte e documentación do núcleo común da aplicación da súa titularidade, denominada Sistema contable do organismo pagador (SICOP) denominado SICOP_COMUN, para a súa compartición e reutilización polos organismos pagadores no ámbito das comunidades autónomas do Estado español, como un módulo do SXA. O desenvolvemento deste sistema é cofinanciado polo fondo europeo Feader.

4.4.2023

Sen achega económica