Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2023 Páx. 28763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2022-124 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Grupo Easycharger, S.L.

Domicilio social: rúa Obispo Nicolás Castellanos, 1, entresollado, 34001 Palencia.

Denominación: instalación de alta tensión dunha estación de recarga de vehículos eléctricos na área de servicio Área 507.

Situación: concello de Outeiro de Rei

Características técnicas principais:

• Instalación dunha caseta prefabricada tipo PFU-4, con dous locais independentes, un para cesión á compañía distribuidora (Begasa), no cal se instalará un centro de seccionamento obxecto doutro expediente (123/2022-AT), e outro para o centro de protección e medida, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección, unha de medida e unha de liña.

• LMT soterrada a 20 kV con orixe na cela de liña proxectada no centro de protección e medida e final na cela de remonte proxectada no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor RHZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado en edificio PFU-5, cunha potencia proxectada de 1.250 kVA, no cal se instala unha cela de remonte e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 112.206,87 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Outeiro de Rei.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá realizala técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 21 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo