Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Grupo Easycharger, S.L.
Domicilio social: rúa Obispo Nicolas Castellanos, 1 entlo., 34001 Palencia.
Denominación: instalacion de centro de seccionamento para a subministración na MT dunha estación de recarga de vehículos eléctricos na área de servizo Área 507.
Situación: concello de Outeiro de Rei
Características técnicas principais:
• Equipamento da caseta prefabricada tipo PFU-4, cedida á compañía Distribuidora (Begasa) (expediente 124/2022-AT), na cal se instalará un centro de seccionamento formado por dúas celas de liña e unha de protección con interruptor automático.
• LMTS a 20 kV, con orixe nun empalme que se realiza na LMTS existente nunha arqueta proxectada, entra e sae no CS proxectado e remata noutro empalme na LMTS existente que se realiza na mesma arqueta, cunha lonxitude de 4 metros (tendido e empalmes a que serán realizados pola compañía distribuidora (Begasa).
Finalidade da instalación: nueva subministración.
Orzamento: 30.942,25 euros.
Documentación que se acompaña:
• Separata para o Concello de Outeiro de Rei.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.
Lugo, 21 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo