Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28080

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se autorizan a apertura e o funcionamento do centro de música profesional Terra Chá, de Begonte.

A representación da Asociación Músico Crisanto solicita autorización de apertura e funcionamento do centro de música profesional (CEMU) Terra Chá, de Begonte, para impartir as ensinanzas profesionais de música.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, e o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas. Os trámites preceptivos foron iniciados na Xefatura Territorial de Lugo, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das ditas ensinanzas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización

Autorizar a apertura e o funcionamento do centro docente de ensinanzas artísticas que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de música (CEMU) profesional.

Denominación específica: Terra Chá.

Código do centro: 27021013.

Enderezo: rúa José María Fernández Piñeiro, s/n.

Localidade: Baamonde.

Concello: Begonte.

Provincia: Lugo.

Titular: Asociación Músico Crisanto.

Total de postos escolares: 80.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades