Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28077

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado Castelao, da Coruña.

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Castelao, da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, e autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Márketing e Publicidade.

Conforme a Orde do 17 de abril de 2018 (DOG do 8 de maio) o centro conta con autorización para impartir o CS Administración e Finanzas, o CS Educación Infantil, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e o CS Integración Social.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a implantación do ciclo formativo de grao superior (CS) Márketing e Publicidade e a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas, no centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Castelao.

Código do centro: 15032005.

Domicilio: r/ Sinforiano López, 43.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Mª Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.

Composición resultante:

– 1 CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades