Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2023 Páx. 28082

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se modifica, de oficio, a autorización do centro privado Junior’s, de Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de modificación da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e suprimir as ensinanzas de educación secundaria e bacharelato, no CPR Junior’s, de Santiago de Compostela, código 15016449, que queda configurado como se sinala a seguir:

Composición resultante:

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Comercio Internacional (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Guía, Información e Asistencia Turísticas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Xestión de Ventas e Espazos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades