Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións (PEID) para centro docente na Ribeira-Sésamo (UAU/2017/616).

Unha vez aprobado definitivamente o seguinte plan especial, publícase para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de marzo de 2023, adoptou o acordo que, transcrito literalmente, di:

«3. Plan especial de dotacións (PEID) para centro docente na Ribeira-Sésamo. Aprobación definitiva. (C.I. Facenda 23/03/2023).

(.../...)

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), para o centro docente na Ribeira, Sésamo, promovido por O Castro British School, A Coruña, S.L., segundo a documentación técnica elaborada polo arquitecto José Magdalena Nogueira, colexiado COAG número 1622, presentada o 10.2.2023 (rexistro 2023/1785).

Segundo. Notificar individualmente o acordo de aprobación definitiva a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de acordo co establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Terceiro. Ordenar a publicación do texto íntegro do PEID, de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Cuarto. Publicar o contido completo do instrumento do plan na sede electrónica (ou páxina web institucional) do Concello de Culleredo.

Quinto. Remitir un exemplar completo, debidamente dilixenciado, do PEID á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para o seu coñecemento.

Sexto. Solicitar a inscrición do PEID definitivamente aprobado no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia e no Rexistro Municipal para o seu depósito e inscrición, xunto con certificación do presente acordo de aprobación definitiva.

Para tales efectos, o documento aprobado definitivamente será dilixenciado de conformidade co artigo 22.3 das NNTTP, e achegarase xunto co Anexo 9B, Declaración responsable do proceso de dilixenciado».

O contido íntegro deste plan especial está á disposición de calquera interesado na sede electrónica deste concello: https://www.culleredo.es/urbanrede

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Culleredo, 20 de abril de 2023

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente