Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución de limpeza de predios (22.4 Lei 3/2007).

En aplicación do disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, verificado o incumprimento da orde de execución da limpeza dos predios ditada contra o titular da parcela 714 do polígono 39 das Casetas, Santa María de Oia, polo Decreto 488/2022, do 13 de setembro, procede ordenar a execución subsidiaria da xestión de biomasa forestal ordenada, co seguinte detalle:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data notificación/

publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

1330/2022-URB/49/2022

36036A039007140000QW

DOG: 29.9:2022

DOG: 6.10.2022

Sta. Mª de Oia

As Casetas/39/714

0,0048

25,13 €

15.12.2022

M. A. A.

O texto íntegro da resolución atópase á súa disposición nas dependencias municipais.

Esta resolución constitúe liquidación provisional dos custos que deberá aboar o obrigado, en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuício da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de corte e roza.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende á cantidade de 25,13 €, requíreselles o pagamento mediante o ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia en Abanca ES86/2080/5080/4130/4000/1001, nos seguintes prazos:

– Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 de mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

– Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

– De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impago nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

O que lle notifico pola súa condición de interesado, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselle saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Oia, 10 de abril de 2023

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa