Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de marzo de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Escuela de Piragüismo Cidade de Pontevedra de concesión administrativa no porto de Corbaceiras de ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e do edificio de deportes náuticos e instalacións: pantalán e pasarela, titularidade de Portos de Galicia para reforma interior e desenvolvemento da práctica deportiva do piragüismo (expediente 13-47-23-C1).

Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Corbaceiras en superficie, lámina de auga e do edificio de deportes náuticos e instalacións: pantalán e pasarela, titularidade de Portos de Galicia para reforma interior e desenvolvemento da práctica deportiva do piragüismo segundo o proxecto redactado pola arquitecta María Teresa Sánchez Táboas do 30 de setembro de 2022.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 22 de marzo de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia