Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 11 de abril de 2023 polo que se notifica a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios e se lle comunica á persoa titular dun predio o inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios e comunícaselle ao titular dun predio o inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20081500397-2021-11145

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras

de Galicia

52938062C

Notificación da resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios

20093600356

Incorporación de predio ao Banco de Terras

35876970Y

Comunicación á persoa titular do predio do inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras