Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de abril de 2023 polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/244/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 28 de febreiro de 2023, ditou resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/244/2017-RP1 por cumprimento do ordenado na Resolución do 14 de xuño de 2019 en relación coas obras levadas a cabo no lugar de Agro Longo, parroquia de San Xián de Laíño, no municipio de Dodro provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 3224019J e 33232192K, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística