Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Arufe de Aldoar, no concello da Pastoriza (expediente 1DES_2020).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 17.3.2023 figura o seguinte acordo:

Monte Arufe de Aldoar (expediente 38/78), pertencente aos veciños de Arufe, O Fontefreixo, Montecelo, Os Paraxuás, O Parañel e Pidre, da parroquia de San Martiño de Corvelle, concello da Pastoriza.

– O 11.3.2020 tivo entrada unha proposta, aprobada pola citada comunidade, de deslindamento dunha liña do monte Arufe de Aldoar con propiedades particulares. Tras o requirimento do 26.3.2020, a solicitude foi emendada o 9.12.2020.

– O 4.6.2021 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable respecto da proposta de deslindamento formulada.

– O 24.6.2021 publicouse no DOG o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e se abre o prazo de alegacións para o expediente 1DES_2020. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello da Pastoriza e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 17.12.2021, a comunidade propietaria do monte presentou un escrito en que expón que non houbo alegacións e que mantén a proposta inicial.

– O 26.1.2022 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable.

– O 10.1.2023 a comunidade propietaria do MVMC Arufe de Aldoar presenta a proposta definitiva da liña de deslindamento nos termos requiridos no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 16.1.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Arufe de Aldoar pasa a ter una superficie de 31,81 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados e o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file