Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos por comunidades de montes veciñais en man común (expediente 46/78-9/2015 e dous máis).

De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 17.3.2023, figuran os seguintes acordos:

– MVMC Nevoeiro e Agrolongo, Penalba, Outeiro, Chá e Gándara (expediente 46/78-9/2015), pertencente aos veciños da parroquia de Remesar, no concello de Bóveda.

O 29.7.2020 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 3.12.2021), presentada pola comunidade de Remesar para pedir autorización para a compra da parcela catastral 27008A037007780000LK.

Esta compra foi autorizada pola Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 18.3.2022, e o 10.1.2023, a comunidade de Remesar presentou a escritura notarial de compravenda da devandita parcela.

Con data do 13.2.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria (2020_36) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación da parcela 27008A037007780000LK no MVMC Nevoeiro e Agrolongo, Penalba Outeiro, Cha e Gándara, que pasa a ter unha superficie de 488,52 hectáreas.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder ás actualizacións correspondentes no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.

– MVMC O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas (expediente 53/78), pertencente aos veciños da parroquia de Burela, no concello de Burela.

O 9.5.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Burela mediante a que piden autorización para levar a cabo a adquisición das parcelas catastrais 27013A037004670000RE e 27013A037001180000RU.

Esta compra foi autorizada pola Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 30.5.2022.

O 4.7.2022 a comunidade de Burela presentou a escritura notarial de compravenda das ditas parcelas.

Con data do 15.2.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria (2020_20) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación das ditas parcelas no MVMC O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas, que pasa a ter unha superficie de 114,46 hectáreas.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder ás actualizacións correspondentes no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.

– MVMC Narón (expediente 16/75), pertencente aos veciños da parroquia de Narón, no concello de Portomarín.

O 12.1.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Narón mediante a que pedían autorización para levar a cabo a adquisición da parcela catastral I00402000PH04A0001AM.

Esta compra foi autorizada pola Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 24.5.2022.

O 4.8.2022, a comunidade de Narón presentou a escritura notarial de compravenda da dita parcela.

Con data de 7.3.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria (2022_1) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación da parcela no MVMC Narón, que pasa a ter unha superficie de 450,2 hectáreas.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñais en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder á actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo