Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Friol, no concello de Friol (expediente 7DES_2021).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 17.3.2023 figura o seguinte acordo:

Monte Friol (expediente 27/76), pertencente aos veciños da parroquia de Friol, no concello de Friol.

– O 20.12.2021 tivo entrada unha proposta, aprobada pola Comunidade de Friol, de deslindamento dunha liña do monte con propiedades particulares.

– O 26.1.2022 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable.

– O 10.3.2022 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 7DES_2021. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Friol e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 4.5.2022 a Comunidade de Friol presentou un escrito en que expón que non recibiu alegacións e que se ratifica na proposta de deslindamento inicial.

– O 30.5.2022 o Servizo de Montes emite informe favorable sobre a dita proposta.

– O 19.7.2022 a Comunidade de Friol presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 3.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Friol pasa a ter unha superficie de 185,34 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados e o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO