Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro, no concello de Mondoñedo (expediente 2017_3DES).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 17.3.2023 figura o seguinte acordo:

Monte Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro (expediente 17/79), pertencente aos veciños da parroquia de Figueiras, no concello de Mondoñedo.

– O 20.12.2017 tivo entrada unha proposta, aprobada pola Comunidade de Figueiras, de deslindamento dunha liña do monte con propiedades particulares. O 11.7.2018 a dita comunidade presentou unha proposta que mellora a anterior.

– O 20.8.2018, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable.

– O 27.9.2018 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 2017_3DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Mondoñedo e na web da Consellería do Medio Rural.

– Tras o prazo de alegacións, o 12.11.2018, a Comunidade de Figueiras presentou un escrito no cal expón que mantén a proposta inicial e solicita que continúe a tramitación do expediente.

– O 4.12.2018 o Servizo de Montes emite un informe favorable.

– O 21.12.2022 a Comunidade de Figueiras presenta a proposta definitiva da liña de deslindamento. Tras varios requirimentos, o 13.2.2023 tivo entrada a documentación completa, requirida no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 3.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe no cal se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro pasa a ter una superficie de 916,9 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO