Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 10/80 e dezasete máis).

Na sesión que tivo lugar o día 17.3.2023 o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo acordou, por unanimidade, aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e realizar as oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras (expediente 10/80), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, e MVMC Pena e Cruz da Aguieira (expediente 71/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilapedre, ambos no concello do Páramo.

O 15.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz do Páramo e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.11.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_73) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras: 240,86 hectáreas.

– MVMC Pena e Cruz da Aguieira: 117 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Os Chaos (expediente 21/79), pertencente aos veciños da parroquia de Piñeira, e MVMC Santa Cruz e Capela (expediente 20/79), pertencente aos veciños da parroquia de Ove, ambos no concello de Ribadeo.

O 15.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Ribadeo e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 13.12.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_76) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Os Chaos: 51,4 hectáreas.

– MVMC Santa Cruz e Capela: 97 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Sampaio (expediente 145/80), pertencente aos veciños da parroquia de Cangas Santiago; MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo (expediente 147/80), pertencente aos veciños da parroquia de Frontón, e MVMC Bazal e Torre (expediente 149/80), pertencente aos veciños dos lugares de Bazal, Cascaxide, Piúca, Torrón e Torre de Vilamirón, parroquia de Pombeiro. Todos pertencen ao concello de Pantón.

O 25.9.2022 a Comunidade de Cangas Santiago presentou dúas solicitudes relativas, respectivamente, ao acordo de deslindamento levado a cabo coa Comunidade de Frontón e coa de Bazal, Cascaxide, Piúca, Torrón e Torre de Vilamirón en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes. Achegan actas de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Pantón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.12.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_78) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Sampaio: 134,7 hectáreas.

– MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo: 391 hectáreas.

– MVMC Bazal e Torre: 606,3 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo (expediente 147/80), pertencente aos veciños da parroquia de Frontón, e MVMC Sampaio (expediente 142/80), pertencente aos veciños da parroquia de Acedre, ambos no concello de Pantón.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Pantón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 21.12.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_80) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo: 391,2 hectáreas.

– MVMC Sampaio de Acedre: 220,53 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo (expediente 147/80), pertencente aos veciños da parroquia de Frontón, e MVMC Bazal e Torre (expediente 149/80), pertencente aos veciños dos lugares de Bazal, Cascaxide, Piúca, Torrón e Torre de Vilamirón, parroquia de Pombeiro. Ambos montes pertencen ao concello de Pantón.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 12.1.2023) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Pantón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.1.2023 o Servizo de Montes emite un informe (2022_79) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo: 403,4 hectáreas.

– MVMC Bazal e Torre: 594,1 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Boedos (expediente 8/77), pertencente aos veciños da parroquia de Illán, e MVMC Gándara e Ribeira da Carballosa (expediente 4/77), pertencente aos veciños da parroquia de Castro, ambos no concello de Begonte.

O 20.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Begonte e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.11.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_84) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Boedos: 295,11 hectáreas.

– MVMC Gándara e Ribeira da Carballosa: 103,1 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Santa Cristina e Xaneiras (expediente 62/78), pertencente aos veciños da parroquia de Arxemil, e MVMC Uceira e Monte do Conde (expediente 72/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar, ambos no concello de Sarria.

O 21.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 26.10.2022 e 14.11.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 30.11.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_89) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Santa Cristina e Xaneiras: 103 hectáreas.

– MVMC Uceira e Monte do Conde: 85 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Friol (expediente 27/76), pertencente aos veciños da parroquia de Friol, e MVMC Carboeiro (expediente 26/76-11/2016), pertencente aos veciños de Casa do Monte, Macedo e Pardellas, parroquia dos Condes, ambos os montes no concello de Friol.

O 23.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Friol e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 16.11.2022 o Servizo de Montes emite un informe (2022_115) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Friol: 190,8 hectáreas.

– MVMC Carboeiro: 195,9 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños de Froxán, parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel, e MVMC Campodola (expediente 107/75), pertencente aos veciños de Campodola, parroquia de Hospital, no concello de Quiroga.

O 25.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 3.2.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 15.2.2023 o Servizo de Montes emite un informe (2022_123) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Froxán: 804 hectáreas.

– MVMC Campodola: 388 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños de Froxán, e MVMC Castro Portela (expediente 82/75), pertencente aos veciños de Castro Portela. Ambos pertencen á parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel.

O 25.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 16.2.2023 o Servizo de Montes emite un informe (2022_124) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Froxán: 823 hectáreas.

– MVMC Castro Portela: 321 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán (expediente 83/75), pertencente aos veciños de Froxán, e MVMC Vilamor (expediente 14/77), pertencente aos veciños de Vilamor. Ambos pertencen á parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel.

O 25.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 24.2.2023 o Servizo de Montes emite un informe (2022_125) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Froxán: 891 hectáreas.

– MVMC Vilamor: 399 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Verducedo, Costa de Páramo
e Costoiras con Pena e Cruz da Aguieira

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Os Chaos con Santa Cruz e Capela

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Sampaio con Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro,
Costa Tilleira e Biduedo e Bazal e Torre

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo con Sampaio de Acedre

missing image file

ANEXO V

Deslindamento MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo con Bazal e Torre

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento MVMC Boedos con Gándara e Ribeira da Carballosa

missing image file

ANEXO VII

Deslindamento MVMC Santa Cristina e Xaneiras con Uceira e Monte do Conde

missing image file

ANEXO VIII

Deslindamento MVMC Friol con Carboeiro

missing image file

ANEXO IX

Deslindamento MVMC Froxán con Campodola

missing image file

ANEXO X

Deslindamento MVMC Froxán con Castro Portela

missing image file

ANEXO XI

Deslindamento MVMC Froxán con Vilamor

missing image file