Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 28/73 e catorce máis).

Na sesión que tivo lugar o día 17.3.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

― MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor e MVMC Lor Marxe Esquerda (expediente 31/73), pertencente aos veciños dos lugares Carballo de Lor, Margaride, Pacio, Paradela, Pozos, Riomaior, Sobrado, Trampilla e Xanelo, parroquia de Quintá de Lor, ambos no concello de Quiroga.

O 23.6.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entres as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.10.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_29) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Vilar de Lor: 1.246 hectáreas.

– MVMC Lor Marxe Esquerda: 560 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Santa Cruz (expediente 29/75-6/2015), pertencentes aos veciños da parroquia de Santa Cruz de Parga (Guitiriz); MVMC Pena do Lobo e Cotón (expediente 126/79), pertencente aos veciños da parroquia de Soaxe (Vilalba); e MVMC Pena do Lobo (expediente 132/79), pertencente aos veciños de Escuadra de Penarredonda, parroquia de Belesar (Vilalba).

O 18.8.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.10.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_47) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Santa Cruz: 858,79 hectáreas.

– MVMC Pena do Lobo e Cotón: 155 hectáreas.

– MVMC Pena do Lobo: 197 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Artoxos e Pedrizas (expediente 118/77), pertencentes aos veciños da parroquia de Fanoi; e MVMC Pena Moura (expediente 115/77), pertencente aos veciños da parroquia de Candía, ambos no concello de Abadín.

O 22.8.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Abadín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.11.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_54) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Artoxos e Pedrizas: 324,93 hectáreas.

– MVMC Pena Moura: 82,31 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Padrón, Seixos e Peón (expediente 85/80), pertencente aos veciños de Chavín, Freixeiro, Manxofrío e Sisto, parroquia de Cabanas (O Vicedo); e MVMC Callós, Lameiras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena (expediente 119/78), pertencente aos veciños da parroquia de San Pantaleón de Cabanas (Ourol).

O 6.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Ourol e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.11.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_66) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Padrón, Seixos e Peón: 124,57 hectáreas.

– MVMC Callós, Lamieras, V. Torre, Panda, Sendeño e Cristo da P.: 610,2 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Balsas e Valdeconde (expediente 4/75), pertencente aos veciños da parroquia de Lamaigrexa e dos lugares de Domiz e Pereiro de Salcedo; MVMC Parada, Couso e Río de Bois (expediente 8/75), pertencente aos veciños da parroquia de Parada dos Montes. Ambos montes no concello da Pobra do Brollón.

O 9.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 7.11.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_69) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Balsas e Valdeconde: 542 hectáreas.

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois: 1.257,45 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois (expediente 8/75), pertencente aos veciños da parroquia de Parada dos Montes; e MVMC Saa (expediente 9/75), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, ambos no concello da Pobra do Brollón.

O 9.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 8.11.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_70) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois: 1.244,03 hectáreas.

– MVMC Saa: 1.375,00 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois (expediente 8/75), pertencente aos veciños da parroquia de Parada dos Montes, no concello da Pobra do Brollón; MVMC Mazo Santigoso (expediente 84/75), pertencente aos veciños de Mazo de Santigoso, da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel; e MVMC Peñido e Cazola (exp. 7/75), no concello da Pobra do Brollón, tamén pertencente aos veciños de Mazo de Santigoso.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 12.12.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.3.2023, o Servizo de Montes emite un informe (2022_119) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois: 1.221,30 hectáreas.

– MVMC Mazo Santigoso: 197,47 hectáreas.

– MVMC Peñido e Cazola: 156,11 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois (expediente 8/75), pertencente aos veciños da parroquia de Parada dos Montes, no concello da Pobra do Brollón; e MVMC Carballal (expediente 18/73), pertencente aos veciños de Carballal, da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel.

O 25.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.3.2023, o Servizo de Montes emite un informe (2022_122) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Parada, Couso e Río de Bois: 1.217,95 hectáreas.

– MVMC Carballal: 602,16 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Vilar de Lor con Lor Marxe Esquerda

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Santa Cruz con Pena do Lobo e Cotón e Pena do Lobo

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Artoxos e Pedrizas con Pena Moura

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento MVMC Padrón, Seixos e Peón con Callós, Lamieras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena

missing image file

ANEXO V

Deslindamento MVMC Balsas e Valdeconde con Parada, Couso e Río de Bois

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento MVMC Parada, Couso e Río de Bois con Saa

missing image file

ANEXO VII

Deslindamento MVMC Parada, Couso e Río de Bois
con Mazo Santigoso e Peñido e Cazola

missing image file

ANEXO VIII

Deslindamento MVMC Parada, Couso e Río de Bois con Carballal

missing image file