Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución dos recursos de reposición presentados contra o acordo de revisión do esbozo do monte de Vallo, concello de Navia de Suarna (expediente 109/78).

Na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 17.3.2023, figura o seguinte acordo:

Monte Vallo, da parroquia de Vallo, no concello de Navia de Suarna. Expediente 109/78.

O 7.3.2022 foron presentados dous recursos de reposición por Antonio López Ramos e Ermitas Álvarez González, respectivamente, contra o acordo do xurado do 20.12.2021 polo que aprobou a revisión do esbozo do monte de Vallo.

O 17.6.2022, ambos recursos foron enviados á comunidade do MVMC de Vallo para que, nun prazo de 15 días, formulasen as alegacións que consideraran oportunas. A comunidade de Vallo non manifestou nada ao respecto.

O 30.12.2022, tras o requirimento oportuno, os recorrentes presentaron a documentación gráfica actualizada, que permite identificar os predios obxecto dos recursos.

O 1.3.2023, o Servizo de Montes elaborou un informe sobre os predios reclamados, coas seguintes indicacións:

Os predios reclamados por Antonio López Ramos, denominados Canago e Lamouco, xa se atopaban parcialmente clasificados como MVMC e no catastro están a favor da comunidade de Vallo.

Os predios reclamados por Ermitas Álvarez González, denominados Souto Guímara e Pena Cabada, xa se atopaban clasificados como MVMC e no catastro están a favor do monte veciñal.

Os terreos reclamados xa se atopaban, parcial ou totalmente, clasificados como veciñais en man común. Así mesmo, dada a proximidade ao límite estremeiro do monte, a súa definición podería ser concretada cun procedemento de deslindamento, pois a revisión do esbozo só ten por obxecto o axuste gráfico.

Examinados os devanditos recursos, o xurado, por unanimidade, acorda desestimalos, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo