Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra a ampliación do monte veciñal de Santa Cristina, Sarria (expediente 2/2020).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 17.3.2023, figura o seguinte acordo:

Monte Santa Cristina-ampliación (expediente 2/2020), pertencente á parroquia de Requeixo, no concello de Sarria.

O 22.9.2022 o xurado ditou a resolución de ampliar en 10,3 ha o monte veciñal en man común ampliación da comunidade de veciños da parroquia de Requeixo. Este acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 21.11.2022

O 22.12.2022 tivo entrada un recurso de reposición presentado polo Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas no que expón que as parcelas 27057A01809029, 27057A01800522 e 27057A01800327 están afectadas polo dominio público viario.

En relación co recurso, o 21.2.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe en que sinala que o plano que é achegado co recurso xa fora presentado o 8.2.2022 polo recorrente durante o período de alegacións. O dito plano, delimitador do dominio público, foi tido en conta na elaboración da memoria (carpeta-ficha) aceptada polo xurado na Resolución de clasificación do 22.9.2022.

Examinado o recurso, o xurado, por unanimidade, acorda inadmitilo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo