Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Torbeo-ampliación, concello de Ribas de Sil (expediente 1/2022).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión do 17.3.2023, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Manuel González Fernández, Luis A. Casais Fernández e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Torbeo-ampliación.

– Pertenza: veciños da parroquia de Torbeo.

– Parroquia: Torbeo.

– Concello: Ribas de Sil.

– Superficie: 17,1670 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela de ampliación

Lindeiros

Parcelas estremeiras

27052A02500757

Norte

27052A02500721

27052A02500722

27052A02500723

27052A02500724

27052A02500725

27052A02500726

27052A02500727

27052A02500101

27052A02500102

27052A02500103

27052A02500728

27052A02500729

27052A02500732

27052A02500733

27052A02500737

27052A02500701

27052A02500702

27052A02500703

27052A02500704

27052A02500705

27052A02500706

27052A02500707

27052A02500074

27052A02500075

27052A02500741

27052A02500742

27052A02500745

27052A02500746

27052A02500078

27052A02500079

Leste

27052A02509013

27052A02509015

27052A02500027

27052A02500028

27052A02500029

27052A02500030

27052A02500792

27052A02500749

27052A02500750

27052A02500751

27052A02500752

27052A02500753

27052A02500754

27052A02500755

Sur

27052A02509020

32071A06100078

32071A06109006

Oeste

27052A02500669

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC de Torbeo conta cunha superficie de 533,1688 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file