Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se realiza a anotación no Censo do patrimonio cultural de Galicia de varias embarcacións tradicionais e dun barco histórico clásico.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio), en diante, LPCG.

O título V da LPCG regula o patrimonio cultural inmaterial de Galicia, co fin de salvagardalo mediante distintas medidas dirixidas a garantir a súa visibilidade, como a identificación, documentación, investigación, preservación, protección, promoción, valorización, transmisión e revitalización deste patrimonio nos seus distintos aspectos.

O Decreto 52/2019, do 9 de maio, polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira (DOG núm. 99, do 27 de maio), en diante Decreto 52/2019, declara as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira como unha manifestación inmaterial do patrimonio cultural de Galicia. Este decreto establece, no seu anexo II, as medidas de salvagarda para as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, entre as que se atopa o Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia.

Antecedentes.

1. Na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entraron trinta solicitudes de anotación de embarcacións tradicionais no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, como manifestación das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira.

2. No Servizo de Inventario abríronse os correspondentes expedientes administrativos, que están completos, e nos cales constan os informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira que conclúen que vinte e nove das embarcacións poden ser consideradas como embarcacións tradicionais galegas e unha como barco histórico clásico.

3. O 15 de febreiro de 2023 reúnese o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, e acorda recoñecer como embarcacións tradicionais galegas as seguintes:

Nome da embarcación

Folio

Nº de expediente.
Servizo de Inventario

Rei do Mar

7ª VILL-3-60-09

SI-2022-0100.CLA

Laberca

7ª VILL-4-12-08

SI-2022-0101.CLA

Peza de Rabo

7ª VILL-3-21-07

SI-2022-0108.CLA

Bandalla

7ª VILL-4-13-08

SI-2022-0110.CLA

Caniso

7ª CO-6-20-93

SI-2022-0262.CLA

Luisa Tres

7ª VILL-3-32-98

SI-2022-0264.CLA

A Reiboa

7ª VILL-4-7-10

SI-2022-0265.CLA

A Boureante

7ª VI-1-24-96

SI-2022-0266.CLA

A muller de Balboas

7ª VILL-4-2-15

SI-2022-0268.CLA

Julicheira

7ª VILL-4-3-15

SI-2022-0269.CLA

Lercha

7ª VI-1-3-99

SI-2022-0297.CLA

Thalavo

7ª 480-14-21

SI-2022-0298.CLA

Esperanza Libertade

7ª VILL-3-41-02

SI-2022-0373.CLA

Nova Esperaza

7ª VILL-2-1-18

SI-2022-0374.CLA

O Laberco

7ª VILL-2-7-13

SI-2022-0375.CLA

Pialla

7ª VILL-2-2-16

SI-2022-0376.CLA

Habana

7ª VILL-4-23-05

SI-2022-0389.CLA

Fiuncho

7ª FE-4-166-92

SI-2022-0401.CLA

Única

7ª VILL-4-4-13

SI-2022-0463.CLA

Nai

7ª VILL-3-54-20

SI-2022-0492.CLA

A Gesta

7ª VILL-4-1-15

SI-2022-0512.CLA

Ángela Un

7ª VILL-4-18-09

SI-2023-0009.CLA

Irmandiña

7ª VILL-4-11-03

SI-2023-0013.CLA

A Meca

7ª VILL-4-26-95

SI-2023-0020.CLA

Laxe de Boibas

7ª VILL-4-11-11

SI-2023-0021.CLA

Rubiasa

7ª VILL-4-4-16

SI-2023-0022.CLA

Raku

7ª VILL-4-7-97

SI-2023-0023.CLA

Ortelinda

7ª VILL-3-40-12

SI-2023-0043.CLA

Iceberg

7ª VILL-1-1-99

SI-2023-0045.CLA

Así mesmo, na dita xuntanza, o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, acorda recoñecer como barco histórico clásico o seguinte:

Nome da embarcación

Folio

Nº de expediente.
Servizo de Inventario

Evangelina Uno

6ª VILL-3-4-22

SI-2023-0047.CLA

Consideracións xurídicas.

1. A competencia para resolver no presente expediente corresponde á directora xeral de Patrimonio Cultural, segundo o artigo 19.1 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. O artigo 14 da LPCG regula o Censo do patrimonio cultural e o seu ordinal terceiro establece o seguinte: «a inclusión dun ben no Censo do patrimonio cultural non determinará a necesidade de autorización administrativa previa para as intervencións sobre o dito ben. O Censo servirá como elemento de referencia para a emisión dos informes que sexan competencia da consellería competente en materia de patrimonio cultural. Así mesmo, servirá como instrumento complementario para os responsables da xestión sustentable dos recursos culturais, a ordenación do territorio e o desenvolvemento económico».

3. O artigo 91.1 da LPCG define o patrimonio etnolóxico protexido legalmente do seguinte xeito: «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de Galicia os lugares, bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñecementos, actividades e técnicas transmitidas por tradición, que se consideren relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia».

As técnicas construtivas da carpintaría de ribeira constitúen pois manifestacións inmateriais dese patrimonio etnolóxico obxecto de protección, e o seu réxime xurídico complétase co Decreto 52/2019 polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, que no seu punto 2 do seu anexo II establece que: «para o coñecemento e difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega e dos barcos históricos de Galicia, así como para promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xestionará un censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, de rexistro voluntario, no cal as embarcacións serán anotadas, logo do informe do órgano de xestión ou os informes técnicos que correspondan, que avaliará a antigüidade, autoría ou correspondencia cos modelos tipolóxicos. O devandito censo, entendido como unha sección do Censo do patrimonio cultural, conterá información sobre a súa denominación, a súa tipoloxía, os datos descritivos e dimensionais básicos e a localización do seu porto habitual».

Así pois, as embarcacións tradicionais relacionadas no ordinal terceiro 3 dos antecedentes da presente resolución, á vista dos informes que constan nos respectivos expedientes administrativos, e segundo o acordo acadado polo órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, na súa xuntanza do 15 de febreiro de 2023, reúnen os requisitos para a súa inclusión no Censo do patrimonio cultural de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, as embarcacións relacionadas no feito número 3 desta resolución, cuxas descricións figuran no anexo I.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar esta resolución ás persoas interesadas.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada pante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición dos bens

Denominación da embarcación

Indicativo de matrícula

Categoría

Tipoloxía

Datos descritivos e dimensionais básicos

Ano de construción

Rei do Mar

7ª VILL-3-60-09

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 12,40 (T) de eslora; 3,40 de manga; e 1,25 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 13,14 T.R.B.

1960

Laberca

7ª VILL-4-12-08

Embarcación tradicional galega

Dorna olbeira

Ten unha dimensión de 4,67 (T) de eslora; 1,74 de manga; e 0,65 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

2008

Peza de Rabo

7ª VILL-3-21-07

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 7,27 (T) de eslora; 2,46 de manga; e 1,28 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 3,19 T.R.B.

2007

Bandalla

7ª VILL-4-13-08

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,65 (T) de eslora; 1,74 de manga; e 0,66 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

2008

Caniso

7ª CO-6-20-93

Embarcación tradicional galega

Bote de noia

Ten unha dimensión de 4,10 de eslora; 1,44 de manga; e 0,53 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,77 T.R.B.

1981

Luisa Tres

7ª VILL-3-32-98

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 8,20 de eslora; 2,65 de manga; e 0,80 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,00 T.R.B.

1981

A Reiboa

7ª VILL-4-7-10

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 7,27 (T) de eslora; 2,46 de manga; e 1,28 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,80 T.R.B.

2010

A Boureante

7ª VI-1-24-96

Embarcación tradicional galega

Buceta (canoa muradá)

Ten unha dimensión de 5,15 de eslora; 1,65 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,29 T.R.B.

1996

A muller de Balboas

7ª VILL-4-2-15

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 5,22 (T) de eslora; 2,03 de manga; e 0,53 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,26 T.R.B.

2015

Julicheira

7ª VILL-4-3-15

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,8 (T) de eslora; 1,70 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,46 T.R.B.

2015

Lercha

7ª VI-1-3-99

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,65 de eslora; 1,73 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,11 T.R.B.

1997

Thalavo

7ª 480-14-21

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 8,80 de eslora; 2,85 de manga; e 1,55 de puntal.

2006

Esperanza Libertade

7ª VILL-3-41-02

Embarcación tradicional galega

Gamela de cabo de Cruz

Ten unha dimensión de 4,59 (LT) de eslora; 1,66 de manga; e 0,46 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,43 T.R.B.

2018

Nova Esperaza

7ª VILL-2-1-18

Embarcación tradicional galega

Gamela de cabo de Cruz

ten unha dimensión de 4,40 (LT) de eslora; 1,83 de manga; e 0,57 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,55 T.R.B.

2017

O Laberco

7ª VILL-2-7-13

Embarcación tradicional galega

Bote

Ten unha dimensión de 7,78 (L) de eslora; 2,70 de manga; e 1,35 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,26 G.T.

2012

Pialla

7ª VILL-2-2-16

Embarcación tradicional galega

Buceta xeiteira

Ten unha dimensión de 4,50 (L) de eslora; 1,52 de manga; e 0,55 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,95 T.R.B.

1972

Habana

7ª VILL-4-23-05

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,6 (T) de eslora; 1,63 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,68 T.R.B.

2005

Fiuncho

7ª FE-4-166-92

Embarcación tradicional galega

Bote das Rías Altas

Ten unha dimensión de 3,65 de eslora; 1,50 de manga; e 0,43 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,71 T.R.B.

1963

Única

7ª VILL-4-4-13

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,20 de eslora; 1,55 de manga; e 0,40 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

1942

Nai

7ª VILL-3-54-20

Embarcación tradicional galega

Dorna nai

Ten unha dimensión de 5,35L (T) de eslora; e 2,00 de manga. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,96 T.R.B.

1975

A Gesta

7ª VILL-4-1-15

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,60 (T) de eslora; 1,70 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,26 T.R.B.

2015

Ángela Un

7ª VILL-4-18-09

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,67 (L) de eslora; 1,74 de manga; e 0,65 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,49 T.R.B.

2009

Irmandiña

7ª VILL-4-11-03

Embarcación tradicional galega

Dorna meca

Ten unha dimensión de 9,50 (L) de eslora; 3,15 de manga; e 1,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 3,67 G.T.

2004

A Meca

7ª VILL-4-26-95

Embarcación tradicional galega

Dorna meca

Ten unha dimensión de 7,45 de eslora; 2,45 de manga; e 1,20 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 4,20 T.R.B.

1995

Laxe de Boibas

7ª VILL-4-11-11

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 4,86 (L) de eslora; 1,93 de manga; e 0,55 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,00 G.T.

2011

Rubiasa

7ª VILL-4-4-16

Embarcación tradicional galega

Dorna de tope

Ten unha dimensión de 4,86 (L) de eslora; 1,93 de manga; e 0,55 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,90 T.R.B.

2016

Raku

7ª VILL-4-7-97

Embarcación tradicional galega

Racu

Ten unha dimensión de 5,25 de eslora; 1,55 de manga; e 0,55 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,14 T.R.B.

1997

Ortelinda

7ª VILL-3-40-12

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,45 (L) de eslora; 1,65 de manga; e 0,66 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,27 G.T.

2012

Iceberg

7ª VILL-1-1-99

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,00 de eslora; 1,45 de manga; e 0,52 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,77 T.R.B.

1960

Evangelina Uno

6ª VILL-3-4-22

Barco histórico clásico

Balandro

Ten unha dimensión de 16L de eslora; 4,10 de manga; e 1,37 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 15,91 T.R.B.

1936