Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Recreo Marketing, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 17 de febreiro de 2023, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da entidade Recreo Marketing, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2023. O seu novo domicilio social é Viveiro de Empresas; polígono industrial Barro-Meis, parcela A 4.5, porta 20, concello de Barro, provincia de Pontevedra.

Vigo, 17 de febreiro de 2023

Mara Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra