De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.
Ourense, 29 de marzo de 2023
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
Anexo
Expediente: REQ-MON-OU-06-2023-DIS.
Persoa interesada: 10042743T.
Acto de notificación: requirimento de cumprimento das distancias mínimas.
Polígono 18, parcelas 1358, 1364, 1365, 1366, 1367, 1368, 1369, 1370, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996, concello de Vilamartín de Valdeorras.