Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de obra de tanque de tormentas de Pontiñas e colectores interceptores, Lalín (Pontevedra), expediente OH.336.1209.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Lalín (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de tanque de tormentas de Pontiñas e colectores interceptores. Lalín (Pontevedra). Clave do expediente: OH.336.1209.

No proxecto da obra defínense e valóranse as actuacións necesarias para reducir as verteduras de auga sen tratar, que adoitan acontecer en episodios de choiva. No proxecto inclúense o aumento da capacidade dos colectores das marxes do río Pontiñas e a inserción na rede dun tanque de tormentas que permita reter as augas durante os episodios de choiva, minimizando a vertedura de auga sen tratar ao medio.

En concreto, proxéctanse as seguintes actuacións:

– Colectores interceptores:

• 4 colectores principais, en PRFV, con diámetros comprendidos entre 400 e 2.000 mm. Por un lado, os novos colectores das marxes esquerda e dereita do río Pontiñas; por outro lado, o colector que recolle as augas residuais da zona sur para conducilas ao tanque de tormentas e, por último, o colector que recolle a rede de saneamento da parroquia de Donramiro.

• 2 colectores de entroncamento en PRFV con diámetros 500 e 800 mm, para a conexión da rede existente.

• 1 colector de saída do tanque de tormentas que conecta coa rede de saneamento existente augas abaixo.

• 1 colector de baleiramento do tanque de tormentas cara ao río Pontiñas. Terá unha lonxitude de 56,42 metros de PRFV 1.500 mm.

– Tanque de tormentas: executarase un tanque de tormentas cun volume de retención de 5.000 m3. A estrutura estará semisoterrada. O tanque baleirarase por gravidade, para o que será instalada unha válvula vórtex, en cámara semiseca, que limitará o caudal máximo permitido pola futura ampliación da estación depuradora de augas residuais para esta bacía do río Pontiñas. Construirase un edificio auxiliar, no cal se instalará un pretratamento inicial con pozo de grosos e reixas de desbaste, que recibirá todo o caudal de chegada. O aliviadoiro disporá dun filtro con paso de sólidos de 6 mm; deste xeito o caudal aliviado desde o tanque recibirá un pretratamento antes da súa vertedura.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 5.552.854,51 euros. Importe total: 6.718.953,96 euros.

8. Valor estimado do contrato: 5.552.854,51 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 14 de outubro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 17.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 15.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de novembro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Vázquez y Reino, S.L. & Francisco Gómez y Cía., S.L., Unión Temporal de Empresas.

14.2. NIF: U72644107.

14.3. Enderezo: avenida de Razo, 22, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com

14.6. Fax: 981 75 55 32.

14.7. Teléfono: 981 75 57 88.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 5.119.731,85 euros. Importe total: 6.194.875,54 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2: investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.1: saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da Directiva marco da auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación: saneamento e depuración en Lalín.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2022/S 065-167681, do 1 de abril de 2022.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de abril de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 1 de abril de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 14 de outubro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 11 de novembro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de novembro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 18 de novembro de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia