Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23002

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 27/2023, do 11 de abril, polo que se lle encarga o despacho dos asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe a Panamá, Venezuela e México, cómpre prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 60/2022, do 15 de maio, polo que se nomean os titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Panamá, Venezuela e México, encárgaselle o despacho dos asuntos da Presidencia, ata o seu regreso, ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Santiago de Compostela, once de abril de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente