Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2022/293-4).

Expediente: IN407A 2022/293-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMT PAI806 en San Pedro.

Situación: A Estrada.

Feitos:

Primeiro. O 20 de xullo de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica recuamento LMT PAI806 en San Pedro.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na reforma do tramo PAI8060666 a través das seguintes actuacións previstas no lugar de San Pedro, no concello da Estrada:

– Soterramento do tramo PAI8060666 mediante 422 metros de condutor tipo RHZ1.

– Retirada dos apoios AEJXF3M8//81, AEKC5LFC//82 e AEKEDWGW//83, así como de 316 metros de liña de media tensión aérea entre eles.

– Instalación de dous novos apoios C-4500/14 e retensado dos vans contiguos.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Estrada, o Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), a Deputación Provincial de Pontevedra, o Servizo de Infraestruturas Agrarias, o Servizo de Montes de Pontevedra e Telefónica de España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por AESA, Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo de Montes e Telefónica.

O Servizo de Infraestruturas Agrarias informou que o proxecto non afecta ningunha zona de concentración ou reestruturación parcelaria con procedemento aberto na provincia de Pontevedra.

O Servizo do Patrimonio Cultural notificou a resolución favorable da reforma da LMTA PAI806 en San Pedro da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 11 de febreiro de 2022 que xa foi comunicada á empresa promotora.

O Concello da Estrada non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, de 422 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C 4500/14 (punto 1) na LMTA PAI806 e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C 4500/14 (punto 2) na LMTA PAI806. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados (55 e 123 metros). A instalación está situada en San Pedro de Ancorados, no concello da Estrada (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada recuamento LMT PAI806 en San Pedro (expediente IN407A 2022/293-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 10 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra