Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2023/039-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón.

Situación: Meis.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA), a 20 kV, con condutor LA-110, de 84 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9XC9JDRF//61 da LMT TIB8057080 e final apoio proyectado C-1000/12. O apoio proxectado C-1000/12 substitúe o apoio 9XB35GW6//62 da LMT TIB8057080, nel instálase un interruptor telecontrolado e realízase un paso aéreo subterráneo. Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, de 880 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-1000/12 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación (CT), a 160 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36028C503003010000FB. A instalación está situada en Lantañón, na parroquia de Paradela, no municipio de Meis (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/039-4.

Denominación: LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón.

Concello: Meis.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

(m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Lantañón Paradela

Urbano

36028C503003010000FB

José Ramón Muñiz Saavedra e Mª Beatriz Busto Martínez

CT

14,86

2,17

8,94

2

Lantañón Paradela

Rústico

36028C503003990000FG

Dolores Núñez Cousido

0,98

0,90

3

Lantañón Paradela

Rústico

36028C503003980000FY

José Silva Janza

Apoio

1,21

0,86

1,93