Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Boiro (expediente IN407A 2020/213-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e de requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTS Peche urbano Cabo de Cruz (expediente IN407A 2020/213-1), no concello de Boiro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

A Coruña, 20 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Predio

Lugar

Propiedade

Incidencia

Data da ocupación

1

Cabo de Cruz

Descoñecida

5.4.2023

2

Cabo de Cruz

Comunidade de propietarios r/ Perguisa, 51

As notificacións foron devoltas

5.4.2023