Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21898

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do personal docente e investigador para o ano 2023.

Conforme o establecido no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, e logo de aprobación polo Consello de Goberno, na sesión do 23 de febreiro de 2023, da planificación de prazas de persoal docente e investigador para o curso 2023/24, do informe favorable do Consello Social da Universidade do 15 de marzo de 2023, e da aprobación por parte do Consello de Goberno, na sesión do 23 de febreiro de 2023, tras a negociación e acordo na Mesa Xeral do Persoal Docente e Investigador (PDI) do 8 de febreiro de 2023, da oferta de emprego público de PDI derivada desta planificación, e unha vez obtida a autorización da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia o 24 de marzo de 2023, tal e como se determina no artigo 36.un da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2023, que consiste en 135 prazas de profesorado con vinculación permanente. Da totalidade destas prazas, 89 (39 de profesorado contratado doutor, 46 de profesorado titular e 4 de catedrático/a de universidade) corresponden ao sistema de quenda libre. Delas resérvanse 13 prazas (5 de profesorado contratado doutor e 8 de profesorado titular de universidade) para dar cumprimento á obriga de destinar, como mínimo, un 15 % do total de prazas que se ofrecen para a incorporación de persoal investigador doutor que obtivese o certificado I3 dentro do marco do programa Ramón y Cajal e, en caso de que non se utilicen todas as prazas previstas nesta reserva, para a incorporación doutros investigadores de programas de excelencia, nacionais ou internacionais, que obtivesen o certificado I3, tal e como se recolle no artigo 20.dous.3.I) da Lei 31/2022. Na OEP inclúense, ademais, 46 prazas de catedrático/a de universidade para a quenda de promoción interna.

Segundo. Esta OEP inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador, con asignación orzamentaria, que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta todas as administracións públicas.

Terceiro. A planificación dos recursos humanos na USC oriéntase á atención das funcións prioritarias, á correcta dimensión do volume de efectivos e a potenciar a estabilización do seu persoal docente e investigador.

Cuarto. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevén a reserva dunha cota non inferior ao cinco por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións. Para dar cumprimento ao establecido nas devanditas disposicións legais, a reserva do cinco por cento correspondente á oferta de emprego público realizarase nas convocatorias que se publiquen en execución da oferta aprobada.

Quinto. As convocatorias dos concursos derivados desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e, de ser o caso, no Boletín Oficial del Estado, para garantir a súa publicidade, e executaranse dentro do prazo máximo establecido no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público.

Sexto. Coa finalidade de lles dar unha maior difusión ás convocatorias de concursos relacionados con esta oferta de emprego, así como aos actos que deriven destes, na páxina web do Servizo de Planificación de PDI da USC (https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI), dentro da sección de convocatorias de prazas, poderase consultar a documentación correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado

ANEXO

Oferta de emprego público para o persoal docente e investigador
da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2023

1. Sistema de acceso libre.

1.1. Persoal docente e investigador contratado.

Categoría

Número de prazas

Profesorado contratado doutor

39 (*)

(*) Cinco destas prazas resérvanse para a estabilización de investigadores que obtivesen o certificado I3 no marco do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais e internacionais.

1.2. Persoal docente e investigador de corpos docentes universitarios.

Corpo docente

Número de prazas

Profesorado titular de universidade

46 (*)

Catedrático/a de universidade

4

(*) Oito destas prazas resérvanse para a estabilización de investigadores que obtivesen o certificado I3 no marco do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais e internacionais.

2. Sistema de acceso por promoción interna.

Corpo docente

Número de prazas

Catedrático/a de universidade

46