Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21894

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola cal se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 20 de maio de 2022, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará configurado consonte o anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4311753.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

24

Prácticas externas OB

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Introdución á Economía

Optativa

3

Módulo de nivelación

Introdución á Empresa e Finanzas

Optativa

3

Introdución á Econometría

Optativa

3

Modelos de Acumulación e Cambio Estrutural

Obrigatoria

3

Desenvolvemento Sustentable e Innovación

Economía da Innovación

Obrigatoria

3

Sistemas Nacionais e Rexionais de Innovación

Obrigatoria

3

Planificación Estratéxica e Deseño de Programas e Proxectos

Obrigatoria

3

Economía Ecolóxica e Sustentabilidade

Obrigatoria

3

Comercio, Innovación e Sustentabilidade

Obrigatoria

3

Políticas Ambientais e Innovadoras

Obrigatoria

3

Medición e Indicadores de Sustentabilidade e Innovación

Obrigatoria

3

Avaliación e Financiamento de Proxectos de Investimento

Optativa

3

Metodoloxía e Técnicas de Investigación Aplicada en Desenvolvemento, Sustentabilidade e Innovación

Optativa

3

Economía das Políticas Científicas e de Innovación

Optativa

3

Especialidade en Xestión da Investigación e da Innovación

Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación

Optativa

3

Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías

Optativa

3

Deseño, Avaliación e Xestión de Proxectos de Investigación

Optativa

3

Propiedade Industrial e Intelectual: Economía e Dereito

Optativa

3

Dirección Estratéxica da Innovación

Optativa

3

Implantación de Sistemas de Xestión da Innovación

Optativa

3

Creación de Empresas de Base Tecnolóxica

Optativa

3

Pautas Sectoriais e Orientación da Innovación

Optativa

3

Recursos e Desenvolvemento Sostible

Optativa

3

Especialidade en Sustentabilidade e Economía Circular

Estrutura Sectorial e Territorial da Economía Galega

Optativa

3

Políticas para a Economía Circular: Fiscalidade e Financiación

Optativa

3

Desenvolvemento Urbano e Sustentabilidade

Optativa

3

Economía Circular

Optativa

3

Ferramentas para a Avaliación da Economía Circular

Optativa

3

Modelos de Negocio Circulares e Sustentables

Optativa

3

Desenvolvemento Rural e Sustentabilidade

Optativa

3

Sustentabilidade, Desenvolvemento Social e Desigualdade

Optativa

3

Prácticas externas Orientación Profesional

Obrigatoria

6

Módulo de aplicación

Prácticas externas Orientación Investigadora

Obrigatoria

6

Traballo fin de máster Orientación Profesional

Obrigatoria

6

Traballo fin de máster Orientación Investigadora

Obrigatoria

6

Especialidades e orientacións.

Este máster conta con dúas orientacións:

– Académico-profesional.

– Investigadora.

Na orientación académico-profesional, o alumnado terá que presentar un TFM claramente aplicado, realizar as prácticas externas en empresas ou institucións e cursar a materia optativa Avaliación e Financiamento de Proxectos de Investimento (salvo autorización motivada da Comisión Académica do título).

Na orientación investigadora deberá presentar un TFM cunha metodoloxía e unha carga teórica propia dun traballo de investigación, realizar as prácticas externas nun centro ou grupo de investigación e cursar a materia optativa Metodoloxía e Técnicas de Investigación Aplicada en Desenvolvemento, Sustentabilidade e Innovación (salvo autorización motivada da Comisión Académica do título).

Ademais, o máster organízase en dúas especialidades:

– Especialidade en Xestión da Investigación e da Innovación.

– Especialidade en Sustentabilidade e Economía Circular.

O alumnado deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar 7 materias optativas do módulo da especialidade elixida.

Complementos formativos.

Os/as alumnos/as que carezan de coñecementos previos de Economía e Administración de Empresas cursarán obrigatoriamente complementos formativos do Módulo de nivelación.

A Comisión Académica do Mestrado decidirá por consenso os complementos de formación que deberá cursar o alumnado tendo en conta a titulación con que acceden, así como a experiencia e formación complementaria reflectida no currículo.